8 feb 2024

Taller de Radio



Onte estivo no Aller, Damián Alonso, de Ponte nas Ondas, o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado de 1º ESO B.
Comezou a sesión explicando un software de edición de audio e gravación de son dixital, o audacity ( eliminar error, empregar efectos, engadir música nun audio...) Na segunda parte do taller traballaron a voz (vocalización, cambio de velocidade, cambio de ton, cambio de intensidad). Na  última parte, traballouse ca radio. Comezaron por montar unha mesa de son e logo elaboraron por grupos un pequeno guión que gravamos. 
Foi curioso que a voz de Damián Alonso resultou familiar, el é actor de dobraxe . Puidemos escoitar algúns  fragmentos de persoaxes como: Alcalde Hansock, Jefe Kyle, Tito en Turbo Fast...

Grazas Damián por este fantástico taller!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Nos tamén lemos a Luisa Villalta

 O alumnado de 1º ESO estiveron traballando distintos poemas de Luisa Villalta ao mesmo tempo que facían un programa de radio. Aquí podedes ...