23 feb 2023

Día de Rosalía de Castro

No día de hoxe quixemos recordar a unha grande escritora galega indispensable do panorama literario cunha vida chea de lagoas e de incertezas por non haber documentación ou ser contraditoria. Foi bautizada no Hospital Xeral de Compostela o 24 de febreiro de 1837. Escribiu en prosa e en verso tanto en galego como en castelán.  
Agradecer ao departamento de Lingua e literatura Castelá a escolla deste recital poético e ao grupos de Gaitas Luz do Ilicinio de Lestedo a interpretación da música: Ruada de Cotobade e Xota de Devesa. Grazas ao alumnado de 4º de ESO de Relixión por acercarnos ao poemario en galego de Rosalía.

20 feb 2023

Muller e nena na ciencia


As alumnas de Relixión de 2º de BAC fixeron a súa aportación ao empoderamento do papel da muller e a nena na ciencia. Por iso decidiron facer unha entrevista a profesora de Química Esther Fuentes. Falou da importancia dunha profesora que tivo que explicaba moi ben. Grazas Esther por colaborar con nós. 





16 feb 2023

Muller e nena na ciencia



O alumnado de Relixión de 4º de ESO quixo facer unha achega para empoderar o papel da muller e a nena na ciencia. Por iso decidiron facer unha entrevista na nosa radio a profesora de Bioloxía Ana Penas, que fixo un percorrido pola súa vida dende que era estudante ata o ser unha gran docente. Grazas Ana por colaborar con nós. 



 

15 feb 2023

De viaxe por Canadá con Saleta

 

Grazas a entrevista do alumnado de Relixión de 2º Bac e contando con Saleta Fragueiro, profesora do Aller, coñecemos a súa experiencia no extranxeiro e animounos a traballar a lingua inglesa.



12 feb 2023

Día da Radio

Hoxe é o día da Radio e nada mellor que mostrar o espazo que o IES Aller Ulloa ten destinado para a Radio. 

Esperemos que o alumnado desfrute moito destas instalacións e lles sexa produtivo os seus podcast.



1 feb 2023

Formación de Radio

Chegou o día, hoxe estivo con nós Denis,de Rede Espora, para poñer en marcha a Radio do noso IES e  dar formación ao alumnado de 4º ESO A.  Houbo unha parte común onde explicou algúns conceptos importantes para a realización do guión e da escaleta. Rematada esta parte, dividíronse en grupos e estiveron traballando en pequenos guións para elaborar o seu podcast e finalmente.... alá se foron a nosa radio a coñecer todos os trebellos e aprender a manexarlos. 

Grazas Denis!!

Entrevista a profesora Uxía Nogueira

O alumnado de 2º de Bacharelato quixeron entrevistar en directo a unha das súas profesoras deste curso, en concreto, a Uxía Nogueira, profes...