10 may 2023

Visita a Radio Lalin

Hoxe visitamos as instalacións da Radio Municipal de Lalin. Grumer foi o encargado de mostarnos e falarnos do seu lugar de traballo: como emite, persoas que traballan na radio,  como recollen información e  como fan os distintos programas. O alumnado de 4º de ESO de Relixión que participan no Proxecto da Radio da Biblio, explicáronlle que tipos de podcast fixeron durante o curso, como traballan, que lles parece o proxecto....
Tivemos a posibilidade de que un dos posdcast que elaboraron sobre a figurado de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle adica este ano, o día das letras galegas, se emitira en directo. 


 Grazas Grumer Portas por esta fantástica oportunidade!!

Desterradas. Carme Varela

 Hoxe tocou facer dramatización co alumnado de Bacharelato da obra de Carme Varela, Desterradas. Nesta obra, recrea a unha pequena comunidad...