8 feb 2024

Taller de Radio



Onte estivo no Aller, Damián Alonso, de Ponte nas Ondas, o cal realizou un Obradoiro de Radio co noso alumnado de 1º ESO B.
Comezou a sesión explicando un software de edición de audio e gravación de son dixital, o audacity ( eliminar error, empregar efectos, engadir música nun audio...) Na segunda parte do taller traballaron a voz (vocalización, cambio de velocidade, cambio de ton, cambio de intensidad). Na  última parte, traballouse ca radio. Comezaron por montar unha mesa de son e logo elaboraron por grupos un pequeno guión que gravamos. 
Foi curioso que a voz de Damián Alonso resultou familiar, el é actor de dobraxe . Puidemos escoitar algúns  fragmentos de persoaxes como: Alcalde Hansock, Jefe Kyle, Tito en Turbo Fast...

Grazas Damián por este fantástico taller!!




Entrevista a profesora Uxía Nogueira

O alumnado de 2º de Bacharelato quixeron entrevistar en directo a unha das súas profesoras deste curso, en concreto, a Uxía Nogueira, profes...