26 ene 2023

Photocall: Días sen medo



O alumnado de Relixión fixo unha análise do que pasa no centro, e percatáronse que non nos valoramos a nós mesmos nin valoramos aos nosos compañeiros e compañeiras tanto como deberíamos, por iso elaboraron este Photocall con este lema, Días sen medo, porque deste xeito contribuímos a fomentar o benestar común e a que haxa un clima máis cordial.
Animádevos a facer a foto pero sobre todo a empregar estas palabras sexa no idioma que sexa.
Todos e todas agradecemos que nos valoren


22 dic 2022

Armouse o Belén

 Este ano o alumnado de Relixión quixo facer un Belén distinto, e, aproveitando que o vindeiro mes de abril se cumpren 5O anos do pasamento de Pablo Picasso, intentaron que os nacementos tiveran un toque Picassiano e  xulgade vós mesmos se o conseguiron. 


21 dic 2022

E máis Nacementos Picassianos

O alumnado de 1º de ESO de Relixión non quixo ser menos creativo cos seus compañeiros de 2º de ESO polo que tamén fixeron as súas creacións tendo en conta a Pablo Picasso e despois de ver e analizar algunhas das súas obras. 

Bravo, traballastes a reo!! Menudas produccións artísticas!!



14 dic 2022

Nacementos Picassianos

 

O alumnado de 2º de ESO para recrear a historia do Nacemento de Jesús quixo imitar a un gran artista como foi Pablo Picasso. Para facer a representación empregaron figuras xeométricas e moito colorido.

Parabéns, moi bo traballo!!




9 nov 2022

Tótem

Un tótem é un obxecto considerado sagrado, normalmente tallado en madeira, ou símbolo que serve como emblema dun grupo de persoas, como unha familia, un clan, unha liñaxe ou unha tribo. O alumnado de 1º ESO creou o seu, aquí podedes ver unha mostra do que fixeron.



Nos tamén lemos a Luisa Villalta

 O alumnado de 1º ESO estiveron traballando distintos poemas de Luisa Villalta ao mesmo tempo que facían un programa de radio. Aquí podedes ...