21 dic 2023

Postais polo nadal

 O alumnado de 1º ESO, 4º ESO, 1º BAC e 2º BAC de Relixión quixo colaborar coa residencia As Dores facéndolles unha postal a cada un dos residentes. As postais foron entregas a don Jesús, un dos usuarios que nos recibíu hoxe. 


24 nov 2023

25 N : Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller


 

O alumnado estivo gravando as distintas noticias que saíron na prensa, durante un ano, sobre Violencia contra a muller e recollidas pola profesora do centro Alba Payo.

5 nov 2023

Entrevista a Sunny, Medalla de prata en Skills2023


Hoxe o alumnado de 4º fixo a entrevista ao alumnado premiado en Galiciaskills 2023 e que acadou a Medalla de prata: Sunny Saco Buceta na súa modalidade. 
Parabéns Sunny!!




25 oct 2023

Día das Bibliotecas

"A biblioteca é...." con esta pregunta proposta polo equipo da Biblioteca, o alumnado de 1º ESO C quixo dar voz  as opinións que moitos compañeiros e compañeiras deixaron na imaxe de Rosalía na na entrada da nosa Biblio.



4 oct 2023

Desterradas. Carme Varela



 Hoxe tocou facer dramatización co alumnado de Bacharelato da obra de Carme Varela, Desterradas. Nesta obra, recrea a unha pequena comunidade de monxas do mosteiro de Albeos en MelgaÇo en Portugal e o seu desterro a Compostela.



21 sept 2023

Arrancamos coa Formación da Radio




Hoxe o alumnado de 1º de ESO C tivo formación na radio da man de Denís Losada, membro de Rede Espora que volve á Mario Pereira .

Tiveron unha primeira parte teórica e despois elaboraron guións radiofónicos e gravaron os seus propios Podcasts

 


10 may 2023

Visita a Radio Lalin

Hoxe visitamos as instalacións da Radio Municipal de Lalin. Grumer foi o encargado de mostarnos e falarnos do seu lugar de traballo: como emite, persoas que traballan na radio,  como recollen información e  como fan os distintos programas. O alumnado de 4º de ESO de Relixión que participan no Proxecto da Radio da Biblio, explicáronlle que tipos de podcast fixeron durante o curso, como traballan, que lles parece o proxecto....
Tivemos a posibilidade de que un dos posdcast que elaboraron sobre a figurado de Francisco Fernández del Riego, a quen se lle adica este ano, o día das letras galegas, se emitira en directo. 


 Grazas Grumer Portas por esta fantástica oportunidade!!

Nos tamén lemos a Luisa Villalta

 O alumnado de 1º ESO estiveron traballando distintos poemas de Luisa Villalta ao mesmo tempo que facían un programa de radio. Aquí podedes ...